SOMOS PANDERETEIRAS
O día 26 de novembro tivemos a sorte de ter connosco unha actividade impulsada pola música galega Mercedes Peón, o taller "Somos Pandereteiras".
Foi realizado pola Asociación Cultura Raigañas de Cerqueda, as cales levan anos facendo un labor de recuperación e dinamización da cultura popular galega impresionante. Compartiron con todos os grupos da ESO o labor da muller pandereteira na cultura galega, e máis concretamente na nosa contorna, o concello de Malpica e as súas moitas parroquias e lugares.
Asemade, aprendéronnos a compoñer unha copla, menester nada doado, de forma moi orixinal e divertida.
Aquí vos deixo, algunhas das imaxes dese bonito día.
Ningún comentario:
Publicar un comentario