11.16.2021

MES DA CIENCIA EN GALEGO NA BIBLIOTECA



No centro este mes e mais parte do que vén, dedicaremos boa parte da actividade a divulgar materiais que temos como fondos na biblioteca e que son ESPECTACULARES.

Promoveremos que o alumnado se achegue a coñecelo e se anime a investigar. 

Por outra banda, o noso fanzine científico xa está en marcha e confiamos en que nos quede un número ben xeitosiño. Agardamos a creatividade e o bo facer do noso alumnado.

Animamos tamén a participar no concurso que nos lanzan desde a Deputación da Coruña. Podedes intentalo desde as vosas contas persoais (familias) ou propias se tedes a idade para manexar as vosas propias redes sociais.

 

INFORMACIÓN SOBRE A CAMPAÑA #AsPalabrasDaCiencia 

Parécenos unha boa iniciativa e desde o centro tamén pensaremos en algo!









 

 

 

 

 

 

 

Ademais, nalgúns grupos xa se están levando a cabo charlas de concienciación ambiental, que promovan que conservemos este paraíso no que vivimos e este medio natural tan marabilloso.

11.12.2021

CARBALLO GALEGO COMO ÁRBORE EUROPEA 2022

Un enorme carballo (quercus robur) de máis de 250 anos de idade, situado nun bosque ao sur da cidade de Santiago de Compostela (o histórico Bosque do Banquete de Conxo de 1856) é candidato a Mellor Árbore Europea do Ano 2022, unha acción que impulsa o organismo Bosques Sin Fronteras co apoio do Goberno de España.

Nestes intres, o carballo galego está en primeiro lugar nas votacións (despois de ter sido seleccionado por un xurado experto canda outras once candidaturas de todo o Estado). E temos ata o día 27 de novembro para conseguir, voto a voto, que pase a fase que o situará como representante de España para toda Europa.

Este carballo ten unha gran relevancia, cunha memoria de tres séculos e situado nun bosque de ribeira estratéxico, ten para a nosa cultura e para a nosa historia. Asemade, sería unha boa maneira de difundir a nosa paisaxe atlántica e que as autoridades preserven este ben tan prezado para a nosa cultura e para o medio ambiente.

Este carballo é todo un resistente. Xa era centenario cando por alí paseaba e escribía sobre este lugar Rosalía de Castro. Tamén é o espazo onde, a mediados do século XIX, estudantes e artesáns berraron pola liberdade, a igualdade e a fraternidade.

Por todo isto, animádevos a votar ao carballo galego para que se convirta no gañador e dar a coñecer a nosa paisaxe única.

VOTA AQUÍ  e axudarás a preservar e difundir o noso ben mais prezado, a nosa terra!

Se queredes saber máis sobre a historia deste carballoPREME AQUÍ

11.11.2021

MES DA CIENCIA EN GALEGO


O mes de Novemebro é o dedicado á CIENCIA EN GALEGO e a todas aquelas científicas e científicos que traballaron para conseguir o que hoxe temos.

A ciencia vai mái alá do laboratorio. A observación e a experimentación, pódense levar en distintas disciplinas que teñan como resultado mellorar o noso día a día e a nosa forma de vida. Por eso a ciencia debe ser un BEN prezado, respectado e dinamizado pola sociedade.

Para elo, este mes, intentaremos darlle voz sobre todo ás científicas galegas esquecidas tralos anos, coa creación de pequenas biografías que nos sirvan de inspiración.

Animádevos a achegarvos á Biblioteca e descubrir libros relacionados coa educación científica, e a participar na eavboración do fancine dedicado á Ciencia!

11.05.2021

Exposición “De Amor e de Amigo, as cantigas de Martín de Padrozelos”

Do 5 ao 16 de novembro teremos no instituto unha exposición organizada polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega (EDLG) e a Asociación de Periodistas e Estudosos do Camiño de Santiago (APECSA).

Esta exposición intentará achegarnos información sobre a lírica medieval realizada por primeira vez en lingua galega na nosa terra, entre os séculos XI e XII, da man das cantigas de amigo e amor do trobador Martín de Padrozelos.

Os trobadores eran poetas líricos da Idade Media que cantaban as súas composicións nas cortes dos reis, pero tamén nas feiras e mercados da rexión onde se atopaban, como no caso de Galiza. Para a nosa cultura a figura do trobador é moi importante, pois supón os incios da literatura galega.

Atoparedes a exposición no corredor do segundo andar, diante da Biblioteca!