11.05.2021

Exposición “De Amor e de Amigo, as cantigas de Martín de Padrozelos”

Do 5 ao 16 de novembro teremos no instituto unha exposición organizada polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega (EDLG) e a Asociación de Periodistas e Estudosos do Camiño de Santiago (APECSA).

Esta exposición intentará achegarnos información sobre a lírica medieval realizada por primeira vez en lingua galega na nosa terra, entre os séculos XI e XII, da man das cantigas de amigo e amor do trobador Martín de Padrozelos.

Os trobadores eran poetas líricos da Idade Media que cantaban as súas composicións nas cortes dos reis, pero tamén nas feiras e mercados da rexión onde se atopaban, como no caso de Galiza. Para a nosa cultura a figura do trobador é moi importante, pois supón os incios da literatura galega.

Atoparedes a exposición no corredor do segundo andar, diante da Biblioteca!



Ningún comentario:

Publicar un comentario