1.29.2020

NÓS, POLA PAZ - DÍA DA NON-VIOLENCIA E A PAZ

No noso IES non podiamos deixar de conmemorar o Día da Paz, que quixemos converter nun vídeo dunha pequena mostra do noso traballo diario. A paz non é algo que só se poida conmemorar un día,  pois a convivencia, o traballo en grupo, a empatía para poñérmonos no lugar dos demais é un froito que vai madurando co tempo. Mais, con todo, non queriamos perder a oportunidade de abrir unha pequeniña xanela ao mundo desde o centro e, aproveitando as efemérides do Grupo Nós, quixemos sumarnos. Nós tamén creamos, proxectamos, deseñamos... 




1.28.2020

A palabra, o refrán e o dato do mes

Coma todos os meses, o EDNL ofrécevos unha palabra, un refrán ou dito e un dato que ten que ver co mes en curso e que nos serve para investigar, para introducilo na nosa vida, para recordalo na memoria colectiva. Este mes o que nos trae é o seguinte, dádelle ao maxín e tede conta do que se vai aprendendo. A lingua e a cultura é cousa de todas e de todos!


VOTA XA POLO POEMA DO MES DE XANEIRO

Ano novo, poemas novos. Aquí vos deixamos as propostas de poemas para estrear o ano.
Tenrura, de Manuel María

Alba, de Manuel Antonio

O neno e o xabarín, Xosé Lois García


Deixa aquí o teu voto, e que gañe o mellor!

VOTO POLO POEMA DE XANEIRO

VOTA XA POLA CANCIÓN DE XANEIRO

Ano novo, cancións novas! Este mes temos moita cousa moderna para escoller, porque en galego hai moita música para vivila!
A primeira proposta é Anagnórise, d'A Banda da Loba, un grupo de mozas que o peta moi forte, neste caso, homenaxeando a María Victoria Moreno e á súa obra máis coñecida.


A segunda é unha canción d'Os Herdeiros da Crus, que continúan dando que falar desde a súa fundación hai xa uns cantos anos, o seu rock de letras subversivas segue gustando. Neste caso, a canción é Non che teño medo.


Por último, imos cun rapaz noviño pero que xa puidemos ver abrindo o Luar coa súa retranca a tope, reivindicando que Galicia non só é o paraíso dos turistas, senón moito máis. Neste caso, a súa canción Amolecer.


Podes votar pola que máis che guste neste formulario:

VOTO POLA CANCIÓN DO MES DE XANEIRO