6.05.2020

5 de xuño, DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE

O alumnado de Bioloxía e Física e Química quixo contribuír a espallar a concienciación social sobre o coidado do medio que nos rodea cun fermoso vídeo.
Este tempo de confinamento, deu para reflexionar moito sobre o noso papel no mundo, sobre o coidado que merece o noso medio e a beleza que encerra.
Esperamos que vos guste tanto coma a nós.



6.01.2020

CANCIÓNS E POEMAS DO MES DE MAIO

Aquí vos deixamos as propostas de cancións para este mes:




Os poemas propostos este mes son:



PROXECTO QUÉROTE+ NO NOSO IES

Durante este curso que xa case toca o seu fin a rapazada de 3º estivo participando activamente no proxecto Quérote+.
Ao longo destes meses compartimos, aprendimos, discutimos, rimos... sobre igualdade, sexualidade, saúde, tecnoloxías, roles de xénero, e da vida en xeral.
Como peche para este interesante programa, elaboramos uns vídeos que queremos compartir con toda a comunidade educativa. É un proxecto realizado para aprender sobre anticonceptivos e ETS.
Coa interrupción das clases, cadaquén continuou investigando desde a casa e non deixamos de traballar e de aprender improvisando novas canles de comunicación.
Agardamos que vos guste esta mostriña do que fomos concluíndo, a pesar destes atrancos cos que non contabamos.
Grazas a todos e a todas as participantes, pola súa implicación e pola súa gana de facer dos afectos e das relacións algo máis seguro!



5.11.2020

CANCIÓNS E POEMAS DE MARZO E ABRIL

CANCIÓNS DO MES DE MARZO
Morra o conto da Banda da Loba


Matriarcas de Guadi Galego


Negro caravel de Rosa Cedrón e Cristina Pato



CANCIÓNS DO MES DE ABRIL
Terra de loitadores de Susana Seivane


Estou na corentena de Caimán do río Tea

Xente confinada de Guadi Galego


OS POEMAS!







4.24.2020

#leonacasa

O 23 de abril conmemórase o día do libro e este ano, tal e como nos atopou, non puidemos festexalo no centro. Con todo, o profesorado quere aproveitar para mandarvos unha mensaxe positiva, que esperamos que o próximo ano poidamos reforzar con todos vós. Botámosvos moito en falta nas nosas vidas e esperamos que pronto poidamos encher a biblioteca, os corredores e as aulas.
Mentres, moito ánimo, coidádevos moitísimo e... lede moito, abride moitas xanelas ao mundo, porque o mundo é voso!
Feliz día do libro. Este ano #lemosnacasa


4.20.2020

Homenaxe a Aute

Desde o Equipo de Dinamización da Lingua Galega do noso instituto queremos facer unha pequena pero sentida homenaxe ao cantautor Luis Eduardo Aute, que marcou moitas xeracións e que nos acaba de deixar neste período de corentena (4 de abril), sit tibi terra levis.
Este polifacético autor (músico, poeta, pintor e director de cine) foi coñecido sobre todo como cantautor. Con cancións como “Al alba”, que dedicou aos derradeiros executados do Franquismo. “De alguna manera” sempre estarás connosco e “La belleza” da túa obra non nos abandonará e ti sempre (“Pasaba por aquí”) pasabas polas nosas vidas ás “Las cuatro y diez” e a calquera hora. Porque “¿Quien eres tú? que nos acompañaches en moito momentos. Eses “Dos o tres segundos de ternura” farán que non poidamos vivir “Sin tu latido” e que sempre prefiramos amar (“Prefiero amar”) e non teñamos que decidirnos entre “Una de dos”. Porque “Anda”, lentamente “Slowly” e abrazando (“Abrázame”). “Cada vez que me amas” buscamos “Rosas en el mar”; aínda que sabemos que queremos “Volver a verte” porque sempre seremos “Polvo enamorado”.
Pero a mellor das nosas homenaxes e sempre revisitar a súa obra.
Aquí tedes algúns vídeos das súas cancións:
https://www.youtube.com/watch?v=4w7mrt0Wjqo&list=RD4w7mrt0Wjqo&start_radio=1
https://www.youtube.com/watch?v=uxYdyXGHZxs
https://www.youtube.com/watch?v=CvMRjkKqQOU

PALABRA E REFRÁN DO MES DE ABRIL



4.14.2020

ENCHER AS NOSAS VIDAS CON MOITA MÚSICA

Alumnos e alumnas... botámosvos de menos! Nin imaxinades canto! Mais temos que nos adaptar aos novos tempos e ao que nos toca.
Sabemos que un ordenador non é unha escola nin un instituto, pero fagamos da necesidade virtude e intentade aproveitar o que poidades, sabemos que sodes xente resiliente e que sairedes máis fortes da casa do que entrastes hai xa un mes.
Mandámosvos moitos azos e non deixedes de contactarnos para o que precisedes, ao outro lado das pantallas seguimos estando para vós.
Hoxe queremos deixarvos un recurso que talvez vos guste, é unha guía de música moi xeitosiña que fixeron dúas mozas pensando en espallar a nosa música e a nosa cultura desde o seu fogar.
Moita xente pequena, en lugares pequenos, facendo cousas pequenas, pode chegar a cambiar o mundo.
Elas son Elia Lago e Paula Lago, que, á parte de coñecemento do panorama musical tradicional e actual, tamén teñen bo gusto para editar.
Botádelle un ollo e enchede as vosas horas de música, hai para todos os gustos. Gozade dela!

GUÍA DE MÚSICA EN GALEGO

3.09.2020

2.27.2020

OS RESULTADOS DE XANEIRO (CANCIÓN E POEMA DO MES)

O mes de xaneiro gustou o poema O neno e o xabarín.

Grazas pola vosa participación!

CANCIÓNS E POEMAS DO MES DE FEBREIRO

Este mes, como non, é o mes de Rosalía por execelencia, polo que se seleccionaron cancións e poemas en que ten un especial protagonismo.
Estas son as cancións propostas:




E estes son os poemas:


Votade aquí pola vosa canción e polo voso poema preferido:
VOTA AQUÍ POLA CANCIÓN E POEMA DE FEBREIRO

CONCURSO POEMA ACRÓSTICO DÍA DE ROSALÍA

O Equipo de Dinamización da Lingua Galega do noso instituto quere conmemorar o Día de Rosalía de Castro cun concurso de poemas acrósticos onde debe aparecer o nome da autora como acróstico.

24 de febreiro Día de Rosalía!



LUGAR DE ENTREGA: BIBLIOTECA DO CENTRO
PRAZO: ATA O XOVES 5 DE MARZO
CATEGORÍAS:1º , 2º da ESO e 3º , 4º da ESO
PREMIOS: Haberá un premio por cada categoría.
ANÍMATE A PARTICIPAR!!!!!!






Deixámosvos aquí unha páxina á que podedes ir consultar como xogar coa lingua para elaborar acrósticos. 

2.20.2020

24 DE FEBREIRO - DÍA DE ROSALÍA

O 24 de febreiro é o día de Rosalía e xa temos pensadas unhas cantas actividades para esta conmemoración. Con todo, gustaríanos convidar a toda a comunidade escolar e ás persoas do noso concello  a que se sumasen a esta celebración facendo, á hora de xantar, un caldiño.
Deixámosvos os versos en que vai describindo este prato tan de noso, tan humilde e que nunca faltou nas casas galegas e achegamos tamén un artigo interesante que analiza a receita.
Sabemos que non en todas as casas se ten a posibilidade de cociñar da maneira tradicional, pero a versión do caldo da que gozamos hoxe en día é igualmente deliciosa.
Sería fantástico que esta idea, xa moi espallada, tamén chegase aos fogares dos nosos rapaces e rapazas.
No día de Rosalía, caldo de gloria!

https://boisimo.gciencia.com/2020/02/18/caldo-de-gloria-rosalia-de-castro/

2.14.2020

OBRADOIRO DE GAITA GALEGA


Xoán Carlos Rilo Fraga, gaiteiro e membro do Grupo de Música Tradicional da Xunta de Galicia veunos facer unha visita e ter un encontro co alumnado de 4º que ten Música como materia optativa.
Trouxo unha morea de gaitas e ata moitas ganas de cantar e de facernos cantar con el.








Que fermosura de variedade!

Grazas pola visita, por ilustrarnos e por facernos valorar aínda máis a nosa música tradicional e a nosa cultura! Confiamos en próximas visitas, foi un pracer telo no noso centro.

2.10.2020

PALABRA, CITA E REFRÁN DO MES DE FEBREIRO

Febreiro comezou a tope, moitas cousiñas pasan neste mes de inverno e moito temos que festexar, e tamén é un bo mes para aumentar o noso vocabulario, a nosa sabedoría popular e para que introduzamos novas palabras e expresións no noso acervo lingüístico.
Aquí vos deixamos novos focos de interese para toda a comunidade educativa:



2.05.2020

ENQUISA LINGÜÍSTICA ALUMNADO IES URBANO LUGRÍS

No IES imos renovar a nosa documentación do Tratamento Integrado de Linguas e, ademais, revisar de novo o Plan Lingüístico que ten atingue ao centro.
Para comezar, realizaremos unha enquisa lingüística a todo o alumnado para partir da realidade que nos toca vivir actualmente.
A seguir temos a enquisa, que demora uns 5 minutos. Pedímosvos que a completedes coa máxima veracidade de que sexades capaces.

ENQUISA LINGÜÍSTICA PARA ALUMNADO

O AMOR ESTÁ NO AIRE... UN CARAVEL E UNHA DEDICATORIA!

O mes de febreiro é o mes do amor, temos tanto que festexar e bos desexos que espallar que non paramos...!!!

Os rapaces e rapazas de 4ºESO están na Cafetaría vendendo a posibilidade de enviar unha dedicatoria xunto cun caraveliño a calquera alumna, alumno, profe ou persoal non docente do centro.
Animámosvos a escribir as vosas liñas e a alegrarlle o día a un compañeiro ou compañeira a quen lle desexemos ben.
O venres a última hora serán entregados todos os caraveliños xunto coas notas na biblioteca.





Non perdades a oportunidade porque, ademais, colaborades a financiar a excursión do final do curso coa vosa contribución.

Agardan polas vosas mensaxiñas con entusiasmo!

2.02.2020

2 DE FEBREIRO, DÍA DA CANDELORIA: CONCURSO DE POEMAS E NARRACIÓNS

O Día da Candeloria ten orixe nos cultos pagáns da fertilidade e dos ciclos da natureza. Na antiga Roma celebrábase as Lupercais, a festa do lume e na honra da fertilidade. Nesta festa, realizábase unha procesión con candeas acendidas de noite. No 2 de febreiro, nas parroquias o crego bendice as candeas que a xente ten de manter acesas mentres dure a misa. Estas candeas lévanse, posteriormente, para a casa, pois atribúenselles poderes como calmar as treboadas ou alumear o camiño das almas que deixan este mundo.
 
Os distintos refraneiros populares recollen moitos ditos sobre a Candeloria e o seu día. Algúns dos máis coñecidos son os seguintes:


Cando a Candeloria chora, medio inverno vai fóra; que chore, que deixe de chorar, mitá do inverno está por pasar.
O día da Candelaria, si chora ou venta, inverno entra. E si non venta nin chora, inverno fóra.
Pola Candeloira casan os paxariños e maila galiñola.
Pola Candeloria pon a pita vella e a nova.
Que a Candelaria chore ou que deixe de chorar, a metade do inverno está pasado e a metade está por pasar.
Se a Candelaria empola, o inverno vai fóra.
Se a Candeloria vén mal o inverno está caroal.

Todos eles encerran moita sabedoría popular e, en Malpica, hoxe está ventando que fai ata remuíños en cada cornecho, así que parece que o inverno inda entra, non gardedes a roupa de abrigo!

Deixámosvos unha ligazón ao Portal das palabras, que nos fala desta tradición que imos celebrar no noso IES esta semana cun concurso de poemas e relatos de amor. Buscade a información nos taboleiros das aulas ou na biblioteca e, xa sabedes, deixade saír toda esa creatividade que vos inspire a Candeloria!

https://portaldaspalabras.gal/lexico/mira-que-din/candeloria/

1.29.2020

NÓS, POLA PAZ - DÍA DA NON-VIOLENCIA E A PAZ

No noso IES non podiamos deixar de conmemorar o Día da Paz, que quixemos converter nun vídeo dunha pequena mostra do noso traballo diario. A paz non é algo que só se poida conmemorar un día,  pois a convivencia, o traballo en grupo, a empatía para poñérmonos no lugar dos demais é un froito que vai madurando co tempo. Mais, con todo, non queriamos perder a oportunidade de abrir unha pequeniña xanela ao mundo desde o centro e, aproveitando as efemérides do Grupo Nós, quixemos sumarnos. Nós tamén creamos, proxectamos, deseñamos... 




1.28.2020

A palabra, o refrán e o dato do mes

Coma todos os meses, o EDNL ofrécevos unha palabra, un refrán ou dito e un dato que ten que ver co mes en curso e que nos serve para investigar, para introducilo na nosa vida, para recordalo na memoria colectiva. Este mes o que nos trae é o seguinte, dádelle ao maxín e tede conta do que se vai aprendendo. A lingua e a cultura é cousa de todas e de todos!


VOTA XA POLO POEMA DO MES DE XANEIRO

Ano novo, poemas novos. Aquí vos deixamos as propostas de poemas para estrear o ano.
Tenrura, de Manuel María

Alba, de Manuel Antonio

O neno e o xabarín, Xosé Lois García


Deixa aquí o teu voto, e que gañe o mellor!

VOTO POLO POEMA DE XANEIRO