2.20.2020

24 DE FEBREIRO - DÍA DE ROSALÍA

O 24 de febreiro é o día de Rosalía e xa temos pensadas unhas cantas actividades para esta conmemoración. Con todo, gustaríanos convidar a toda a comunidade escolar e ás persoas do noso concello  a que se sumasen a esta celebración facendo, á hora de xantar, un caldiño.
Deixámosvos os versos en que vai describindo este prato tan de noso, tan humilde e que nunca faltou nas casas galegas e achegamos tamén un artigo interesante que analiza a receita.
Sabemos que non en todas as casas se ten a posibilidade de cociñar da maneira tradicional, pero a versión do caldo da que gozamos hoxe en día é igualmente deliciosa.
Sería fantástico que esta idea, xa moi espallada, tamén chegase aos fogares dos nosos rapaces e rapazas.
No día de Rosalía, caldo de gloria!

https://boisimo.gciencia.com/2020/02/18/caldo-de-gloria-rosalia-de-castro/

Ningún comentario:

Publicar un comentario