Nestes intres, o carballo galego está en primeiro lugar nas votacións (despois de ter sido seleccionado por un xurado experto canda outras once candidaturas de todo o Estado). E temos ata o día 27 de novembro para conseguir, voto a voto, que pase a fase que o situará como representante de España para toda Europa.
Este carballo ten unha gran relevancia, cunha memoria de tres séculos e situado nun bosque de ribeira estratéxico, ten para a nosa cultura e para a nosa historia. Asemade, sería unha boa maneira de difundir a nosa paisaxe atlántica e que as autoridades preserven este ben tan prezado para a nosa cultura e para o medio ambiente.
Este carballo é todo un resistente. Xa era centenario cando por alí paseaba e escribía sobre este lugar Rosalía de Castro. Tamén é o espazo onde, a mediados do século XIX, estudantes e artesáns berraron pola liberdade, a igualdade e a fraternidade.
Por todo isto, animádevos a votar ao carballo galego para que se convirta no gañador e dar a coñecer a nosa paisaxe única.
VOTA AQUÍ e axudarás a preservar e difundir o noso ben mais prezado, a nosa terra!
Se queredes saber máis sobre a historia deste carballo, PREME AQUÍ
Ningún comentario:
Publicar un comentario