O mes de Novemebro é o dedicado á CIENCIA EN GALEGO e a todas aquelas científicas e científicos que traballaron para conseguir o que hoxe temos.
A ciencia vai mái alá do laboratorio. A observación e a experimentación, pódense levar en distintas disciplinas que teñan como resultado mellorar o noso día a día e a nosa forma de vida. Por eso a ciencia debe ser un BEN prezado, respectado e dinamizado pola sociedade.
Para elo, este mes, intentaremos darlle voz sobre todo ás científicas galegas esquecidas tralos anos, coa creación de pequenas biografías que nos sirvan de inspiración.
Animádevos a achegarvos á Biblioteca e descubrir libros relacionados coa educación científica, e a participar na eavboración do fancine dedicado á Ciencia!
Ningún comentario:
Publicar un comentario