A mellor árbore de España resultou ser o enorme carballo de máis de 250 anos de idade do Bosque do Conxo, en Santiago de Compostela. Grazas á participación no concurso, esta árbore agora é a candidata española para escoller a árbore europea do ano 2022.
Dende o EDLG vos animamos unha vez máis a participar para que, agora, sexa o carballo do Conxo a mellor árbore de Europa.Entre o 1 e o 28 de febreiro vai ter lugar unha votación para elixir a árbore europea do ano, unha acción que impulsa o organismo Bosque Sin Fronteras co apoio do Goberno de España.
Na seguinte ligazón poderás votar a partires do 1 de febreiro á nosa árbore!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario