3.09.2020

2.27.2020

OS RESULTADOS DE XANEIRO (CANCIÓN E POEMA DO MES)

O mes de xaneiro gustou o poema O neno e o xabarín.

Grazas pola vosa participación!

CANCIÓNS E POEMAS DO MES DE FEBREIRO

Este mes, como non, é o mes de Rosalía por execelencia, polo que se seleccionaron cancións e poemas en que ten un especial protagonismo.
Estas son as cancións propostas:




E estes son os poemas:


Votade aquí pola vosa canción e polo voso poema preferido:
VOTA AQUÍ POLA CANCIÓN E POEMA DE FEBREIRO

CONCURSO POEMA ACRÓSTICO DÍA DE ROSALÍA

O Equipo de Dinamización da Lingua Galega do noso instituto quere conmemorar o Día de Rosalía de Castro cun concurso de poemas acrósticos onde debe aparecer o nome da autora como acróstico.

24 de febreiro Día de Rosalía!



LUGAR DE ENTREGA: BIBLIOTECA DO CENTRO
PRAZO: ATA O XOVES 5 DE MARZO
CATEGORÍAS:1º , 2º da ESO e 3º , 4º da ESO
PREMIOS: Haberá un premio por cada categoría.
ANÍMATE A PARTICIPAR!!!!!!






Deixámosvos aquí unha páxina á que podedes ir consultar como xogar coa lingua para elaborar acrósticos. 

2.20.2020

24 DE FEBREIRO - DÍA DE ROSALÍA

O 24 de febreiro é o día de Rosalía e xa temos pensadas unhas cantas actividades para esta conmemoración. Con todo, gustaríanos convidar a toda a comunidade escolar e ás persoas do noso concello  a que se sumasen a esta celebración facendo, á hora de xantar, un caldiño.
Deixámosvos os versos en que vai describindo este prato tan de noso, tan humilde e que nunca faltou nas casas galegas e achegamos tamén un artigo interesante que analiza a receita.
Sabemos que non en todas as casas se ten a posibilidade de cociñar da maneira tradicional, pero a versión do caldo da que gozamos hoxe en día é igualmente deliciosa.
Sería fantástico que esta idea, xa moi espallada, tamén chegase aos fogares dos nosos rapaces e rapazas.
No día de Rosalía, caldo de gloria!

https://boisimo.gciencia.com/2020/02/18/caldo-de-gloria-rosalia-de-castro/

2.14.2020

OBRADOIRO DE GAITA GALEGA


Xoán Carlos Rilo Fraga, gaiteiro e membro do Grupo de Música Tradicional da Xunta de Galicia veunos facer unha visita e ter un encontro co alumnado de 4º que ten Música como materia optativa.
Trouxo unha morea de gaitas e ata moitas ganas de cantar e de facernos cantar con el.








Que fermosura de variedade!

Grazas pola visita, por ilustrarnos e por facernos valorar aínda máis a nosa música tradicional e a nosa cultura! Confiamos en próximas visitas, foi un pracer telo no noso centro.

2.10.2020

PALABRA, CITA E REFRÁN DO MES DE FEBREIRO

Febreiro comezou a tope, moitas cousiñas pasan neste mes de inverno e moito temos que festexar, e tamén é un bo mes para aumentar o noso vocabulario, a nosa sabedoría popular e para que introduzamos novas palabras e expresións no noso acervo lingüístico.
Aquí vos deixamos novos focos de interese para toda a comunidade educativa: