No IES Urbano Lugrís, celebramos o Entroido. Deixámosvos aquí unhas fotos das actuacións de varias comparsas e parellas que participaron no desfile.
Medre o Entroidoooooo!
No IES Urbano Lugrís, celebramos o Entroido. Deixámosvos aquí unhas fotos das actuacións de varias comparsas e parellas que participaron no desfile.
Medre o Entroidoooooo!
Como cada 30 de xaneiro, tivo lugar no noso centro a conmemoración do Día Escolar da Non Violencia e a Paz.
No recreo, procedeuse á lectura dun manifesto redactado na materia de Oratoria polo alumnado de 3º ESO e cantouse a canción Color esperanza. Ademais, na entrada realizouse unha exposición coas pombas de papel que se realizaron nas titorías.
Parabéns a toda comunidade educativa polo traballo realizado!
O xoves 19 de decembro tivemos outra sesión do club de lectura co alumnado de 4º de PDC. Nesta ocasión intercambiamos opinións sobre Cobiza, de María Reimóndez. É unha novela de ciencia ficción feminista que se desenvolve nun futuro distópico despois da Gran Desconexión. A historia sitúase nun mundo dividido entre os Recunchos, zonas empobrecidas, e as Capitais, a cúpula do poder e da opulencia, só accesibles a través da "lotería da fertilidade". A trama segue a Luz, que habita neste presente fragmentado e deberá enfrontarse ao impacto dunha sociedade na que os corpos, as identidades e as orientacións sexuais son clasificados e sometidos a estruturas de poder opresivas.
A novela presenta unha reflexión profunda sobre o sexo, o xénero, a construción das identidades e as dinámicas de poder que marcan as nosas vidas. A través da historia de tres seres de materia vexetal creados con forma humana, que son capturados e vendidos como escravas, Reimóndez presenta unha mirada feminista e ecoloxista sobre un futuro no que as diferenzas sexuais e de xénero se xogan nun escenario de explotación e destrución ambiental.
Con Cobiza, a autora obtivo o I Premio Pinto e Maragota á diversidade sexual e de xénero, un recoñecemento á súa capacidade para ofrecer unha reflexión revolucionaria e de alta calidade literaria sobre as cuestións máis relevantes do noso tempo.
Boas! Comezamos un novo ano deixándovos por aquí unha escolma de fotos das actividades que realizamos no noso IES polo Nadal.
Prontiño vos informaremos de novos eventos e actividades. Ata a próxima!
Na xornada de onte tivemos a oportunidade de conversar no noso instituto con Arantza Portabales. A autora falounos da súa traxectoria como escritora, do proceso creativo preciso para que saian á luz as súas obras e dunha infinidade de segredos e curiosidades sobre dúas das súas obras máis destacadas: Beleza Vermella e Deixe a súa mensaxe despois do sinal.
Grazas, Arantza, por facernos partícipes dos segredos das túas novelas e da túa paixón pola escrita.
Nos pasados días, tivo lugar no noso IES a celebración do Magosto. Houbo degustación de castañas asadas, xogos populares e moita, moita festa!
Velaquí unha escolma de fotos. Vémonos na seguinte!
Queredes pasar un magosto no insti especial...? Temos moitas ideas, pero seguro que a vós se vos ocorren moitas máis.
Poñemos as castañas, a merenda e o ambiente, vós poñedes o resto!