Alumnos e alumnas... botámosvos de menos! Nin imaxinades canto! Mais temos que nos adaptar aos novos tempos e ao que nos toca.
Sabemos que un ordenador non é unha escola nin un instituto, pero fagamos da necesidade virtude e intentade aproveitar o que poidades, sabemos que sodes xente resiliente e que sairedes máis fortes da casa do que entrastes hai xa un mes.
Mandámosvos moitos azos e non deixedes de contactarnos para o que precisedes, ao outro lado das pantallas seguimos estando para vós.
Hoxe queremos deixarvos un recurso que talvez vos guste, é unha guía de música moi xeitosiña que fixeron dúas mozas pensando en espallar a nosa música e a nosa cultura desde o seu fogar.
Moita xente pequena, en lugares pequenos, facendo cousas pequenas, pode chegar a cambiar o mundo.
Elas son Elia Lago e Paula Lago, que, á parte de coñecemento do panorama musical tradicional e actual, tamén teñen bo gusto para editar.
Botádelle un ollo e enchede as vosas horas de música, hai para todos os gustos. Gozade dela!
GUÍA DE MÚSICA EN GALEGO
4.14.2020
3.09.2020
PALABRA, REFRÁN E SENTENZA DO MES DE MARZO
Outro mes comezou e temos nova proposta de traballo para ampliar o noso acervo lingüístico e cultural...
2.27.2020
CANCIÓNS E POEMAS DO MES DE FEBREIRO
Este mes, como non, é o mes de Rosalía por execelencia, polo que se seleccionaron cancións e poemas en que ten un especial protagonismo.
Estas son as cancións propostas:
E estes son os poemas:
Votade aquí pola vosa canción e polo voso poema preferido:
VOTA AQUÍ POLA CANCIÓN E POEMA DE FEBREIRO
Estas son as cancións propostas:
E estes son os poemas:
Votade aquí pola vosa canción e polo voso poema preferido:
VOTA AQUÍ POLA CANCIÓN E POEMA DE FEBREIRO
CONCURSO POEMA ACRÓSTICO DÍA DE ROSALÍA
LUGAR DE ENTREGA: BIBLIOTECA DO CENTRO
PRAZO: ATA O XOVES 5 DE MARZO
CATEGORÍAS:1º , 2º da ESO e 3º , 4º da ESO
PREMIOS: Haberá un premio por cada categoría.
Deixámosvos aquí unha páxina á que podedes ir consultar como xogar coa lingua para elaborar acrósticos.
2.20.2020
24 DE FEBREIRO - DÍA DE ROSALÍA
O 24 de febreiro é o día de Rosalía e xa temos pensadas unhas cantas actividades para esta conmemoración. Con todo, gustaríanos convidar a toda a comunidade escolar e ás persoas do noso concello a que se sumasen a esta celebración facendo, á hora de xantar, un caldiño.
Deixámosvos os versos en que vai describindo este prato tan de noso, tan humilde e que nunca faltou nas casas galegas e achegamos tamén un artigo interesante que analiza a receita.
Sabemos que non en todas as casas se ten a posibilidade de cociñar da maneira tradicional, pero a versión do caldo da que gozamos hoxe en día é igualmente deliciosa.
Sería fantástico que esta idea, xa moi espallada, tamén chegase aos fogares dos nosos rapaces e rapazas.
No día de Rosalía, caldo de gloria!
https://boisimo.gciencia.com/2020/02/18/caldo-de-gloria-rosalia-de-castro/

2.14.2020
OBRADOIRO DE GAITA GALEGA
Xoán Carlos Rilo Fraga, gaiteiro e membro do Grupo de Música Tradicional da Xunta de Galicia veunos facer unha visita e ter un encontro co alumnado de 4º que ten Música como materia optativa.
Trouxo unha morea de gaitas e ata moitas ganas de cantar e de facernos cantar con el.
| Que fermosura de variedade! |
Grazas pola visita, por ilustrarnos e por facernos valorar aínda máis a nosa música tradicional e a nosa cultura! Confiamos en próximas visitas, foi un pracer telo no noso centro.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)