Amosando publicacións coa etiqueta #EDLG. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta #EDLG. Amosar todas as publicacións

9.17.2026

FRASEOLOXÍA PARA O OUTONO QUE ENTRA

Aínda que temos un tempo solleiro, xa andan as castañas buligando nas casas, xa estamos pensando nos Magostos, en xogos propios deste tempo e... como non, na música que nos pode acompañar.

Animámosvos a que traiades as buxainas e practiquedes xogos e, quen non saiba, que pida axuda para aprender porque entre as nosas ideas está por aí algo que ten que ver con elas.

Mentres tanto, deixámosvos con esta frase tan popular e mais cunha ligazón a unha lista de reprodución atinada para o outono. Escaneade co móbil e xa vos leva a ela, esperamos que a gocedes moito e que aprendades as cancionciñas.



9.10.2026

COMEZA O CURSO E COMEZA A DINAMIZACIÓN DA LINGUA

Queredes formar parte do equipo de dinamización da lingua do noso insti?

Por suposto, estades convidadísimos e convidadísimas a participar e todos e todas tedes o voso lugar.


Algunhas das actividades que levaremos a cabo:

-Apadriñar ou amadriñar compañeiros e compañeiras acabadas de chegar para contribuír a que poidan socializar en galego.

-Facer a cartelería e as publicacións do IES, á parte de esteticamente bonitos, cunha boa calidade lingüística.

-Colaborar na organización e desenvolvemento de efemérides ao longo do ano.

-Participar nunha mostraxe das tendencias musicais que nos gustan.

-Recomendar e divulgar actividades, obradoiros, premios, concursos... que empreguen o galego como lingua vehicular.

-Todas as propostas que vaian xurdindo desde as aulas ou desde os intereses dos membros do equipo.