10.21.2025

OBRADOIRO DE REGUEIFA CON LUPE

 


Regueifamos moito e regueifamos ben, porque Lupe é unha crac e contaxia co seu entusiasmo e coa súa boa onda, porque a quen non lle gusta unha boa batalla de galos? E ela consegue conectar coa rapazada a través diso. Pasámolo moi ben e, ademais, aprendemos unha chea e estamos listas e listos para participar na Liga da Regueifa da Costa da Morte. Alá imos!




10.06.2025

LIGA DE REGUEIFA

O luns día 20 teremos un obradoiro de regueifa con Lupe Gómez, financiado polo Concello de Malpica e de aí confiamos en sacar bos regueifeiros e boas regueifeiras para participar este curso, xunto con outros institutos da Costa da Morte na Liga de Regueifa.

Como o vedes, pensades que estades listos e listas para esas pelexas de galos elevadas ao máximo nivel?



CONCURSO RELATO DE MEDO POLO SAMAÍN

 

9.19.2025

NOVO CURSO, NOVAS FRONTES QUE SE ABREN

 O Equipo de Dinamización da Lingua xa está en marcha e ten pensadas unhas cantas actividades para dinamizar a vida no centro, por suposto, en galego.

Que vos parece formar parte dese equipo que consegue que a vida diaria funcione na nosa lingua? Como vedes colaborar a facer campañas que afecten tamén a nosa contorna? Queredes axudar a que alumnos e alumnas que non teñen oportunidade de facer a súa vida diaria en galego conten con esa oportunidade?

Pois fala con Luz, que está organizando a xente e as reunións para poder trazar as estratexias mellores!



3.07.2025

8 MARZO : DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

Para este día, Soraya Varela coa colaboración de polos creativos e da biblioteca fixo estas preciosa bonequiñas, en madeira. No cabalo destas, o alumnado insertou unha frase escollida para ocasión, ademais de confeccionarlle o vestido, mono ou pantalón con camiseta. Están colgadas na biblioteca
para poder lucilas como se merecen.

Ademais, desde oratoria  e PC (PROXECTO COMPETENCIAL) pediuselle ao alumnado de facer unha biografía sobre unha redeira da comarca. Esta actividade é a continuación da realizada para o 25N, onde xa se expusera a exposición que recolle o traballo sobre as redeiras, que consistía e consiste en dar visibilidade ao traballo efectuado polas mulleres da pesca.






Engadimos tamén un video: 

E finalmente, tamén, se expuso esta tira de banda diseñada sobre o tema.








3.03.2025

ENTROIDO 2025

No IES Urbano Lugrís, celebramos o Entroido. Deixámosvos aquí unhas fotos das actuacións de varias comparsas e parellas que participaron no desfile. 

Medre o Entroidoooooo! 



2.03.2025

Celebración do Día Escolar da Non Violencia e a Paz

 

Como cada 30 de xaneiro, tivo lugar no noso centro a conmemoración do Día Escolar da Non Violencia e a Paz. 


No recreo, procedeuse á lectura dun manifesto redactado na materia de Oratoria polo alumnado de 3º ESO e cantouse a canción Color esperanza. Ademais, na entrada realizouse unha exposición coas pombas de papel que se realizaron nas titorías. 


Parabéns a toda comunidade educativa polo traballo realizado!