5.18.2020
CARVALHO CALERO
Deixámosvos un vídeo breve pero moi interesante, visualmente moi chulo e locutado por Xosé Barato, feito por Illa Bufarda con moito gusto, para achegarvos á figura de Carvalho Calero, autor homenaxeado este ano polas Letras Galegas. Esperamos que vos guste tanto coma a nós!
5.11.2020
CANCIÓNS E POEMAS DE MARZO E ABRIL
Morra o conto da Banda da Loba
Matriarcas de Guadi Galego
Negro caravel de Rosa Cedrón e Cristina Pato
CANCIÓNS DO MES DE ABRIL
Terra de loitadores de Susana Seivane
Estou na corentena de Caimán do río Tea
Xente confinada de Guadi Galego
OS POEMAS!
4.24.2020
#leonacasa
O 23 de abril conmemórase o día do libro e este ano, tal e como nos atopou, non puidemos festexalo no centro. Con todo, o profesorado quere aproveitar para mandarvos unha mensaxe positiva, que esperamos que o próximo ano poidamos reforzar con todos vós. Botámosvos moito en falta nas nosas vidas e esperamos que pronto poidamos encher a biblioteca, os corredores e as aulas.
Mentres, moito ánimo, coidádevos moitísimo e... lede moito, abride moitas xanelas ao mundo, porque o mundo é voso!
Feliz día do libro. Este ano #lemosnacasa
Mentres, moito ánimo, coidádevos moitísimo e... lede moito, abride moitas xanelas ao mundo, porque o mundo é voso!
Feliz día do libro. Este ano #lemosnacasa
4.20.2020
Homenaxe a Aute
Desde o Equipo de Dinamización da Lingua Galega do noso instituto queremos facer unha pequena pero sentida homenaxe ao cantautor Luis Eduardo Aute, que marcou moitas xeracións e que nos acaba de deixar neste período de corentena (4 de abril), sit tibi terra levis .
Este polifacético autor (músico, poeta, pintor e director de cine) foi coñecido sobre todo como cantautor. Con cancións como “Al alba”, que dedicou aos derradeiros executados do Franquismo. “De alguna manera” sempre estarás connosco e “La belleza” da túa obra non nos abandonará e ti sempre (“Pasaba por aquí”) pasabas polas nosas vidas ás “Las cuatro y diez” e a calquera hora. Porque “¿Quien eres tú? que nos acompañaches en moito momentos. Eses “Dos o tres segundos de ternura” farán que non poidamos vivir “Sin tu latido” e que sempre prefiramos amar (“Prefiero amar”) e non teñamos que decidirnos entre “Una de dos”. Porque “Anda”, lentamente “Slowly” e abrazando (“Abrázame”). “Cada vez que me amas” buscamos “Rosas en el mar”; aínda que sabemos que queremos “Volver a verte” porque sempre seremos “Polvo enamorado”.
Pero a mellor das nosas homenaxes e sempre revisitar a súa obra.
Aquí tedes algúns vídeos das súas cancións:
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)


















