Este curso temos moita gana de facer cousiñas e xa que os protocolos van relaxando, por fin podemos volver ter opción de facer o que nos gusta, vivir e facelo en galego.
Porque aquí a lingua da maioría da xente nova é o galego, pero como dixo Manolo Maseda, podemos ser axentes irradiadores, sementemos a lingua alá onde vaiamos e fagamos o que fagamos.
Polo tanto, este curso trataremos de saír das portas do IES e achegarnos a outras paraxes que precisen da nosa animosidade e queremos contar tamén coa comunidade: familias, asociacións, rapaces e rapazas da Primaira... como di o Xabarín, somos máis de mil, e temos que ser cen mil!!!
Anótate!!!!